Forma crúa de vida
Forma crúa de vida, de Rosendo Cid, publicado por Galaxia é unha obra que indaga nos mecanismos do humano e na maneira en que construímos a nosa propia individualidade. Cun espírito aforístico e unha aproximación surrealista, o autor propón unha exploración da identidade, entendida como un construto imaxinario ou social. Un libro escrito desde a necesidade de comprender os mecanismos que nos definen, no que a intuición, a intelixencia e a perspicacia se poñen ao servizo da reflexión e da creación. Forma crúa de vida incorpórase á traxectoria literaria e artística de Rosendo Cid, caracterizada pola combinación do textual e o plástico e por unha práctica creativa que transita entre diferentes disciplinas.









